o meu nome é io morales sánchez, son artista e deseñadora textil e vivo en santiago de compostela. estudiei artes aplicadas á escultura, ao pouco de acabar, descubrín o arte téxtil e fiquei namorada das posibilidades que técnicas tan comúns como o tricó e o croché podían ofrecer ás artes plásticas. por causa da miña paixón polo feito a man e o cotián acabei por me profesionalizar nestas ramas do téxtil.
a xente que me coñece defíneme como unha persoa creativa, sincera e divertida; eu engadiría tamén que son bastante despistada e teimuda. teño unha cadela chamada gaia e un gato chamado gatsby catilina. aos que adoro. gosto de pasar tempo na natureza, encántame camiñar e ir en bici, se o tempo picheleiro o permite.