postais de fisterra, unha aproximación ao mundo da ilustración

postalfisterra

as postais sobre fisterra son o meu primeiro traballo que combina bordado, medios dixitais e impresión. esta mistura era para min un grande enigma. a miña experiencia no mundo do deseño gráfico era limitada, mais tiña a impresión de que o bordado ía casar ben como ilustración. non coñezo moitos precedentes de composición dixital en bordado; en xeral, o uso que tradicionalmente se dá ao bordado está restrinxido ao tecido como soporte. 

unhas das cousas que quixen mostrar a través do meu traballo foi que tanto o croché como o tricó teñen unha utilidade e valor alén do mundo das labores, quer no campo do deseño de produto, quer no da moda ou no da escultura. así, explorei a expresión artística bidimensional a través destas dúas disciplinas, mais a creación de imaxes definidas e complexas tornóuse un fracaso (sobretodo pola minuciosidade e tempo requerido na súa elaboración). Isto mudou cando aprendín a bordar. esta técnica permite crear imaxes cunha liberdade absoluta de forma, tamaño e estilo. os tempos de producción son moito máis breves comparado coas outras dúas disciplinas e, ademáis, o punto matiz en concreto permite imitar o detallismo da pintura, xa que cada punto semella unha pincelada.

cormoranbordado

fisterra é un lugar moi ligado a min emocionalmente. vivín un ano alí de pequena e, máis tarde, tornouse o meu lugar de vacacións. calquera que coñeza un pouco a vila, sabe que o mar é o elemento indiscutíbel desta península. o mar está vinculado a cada aspecto da vida e foi por iso que decidín que o mare locustarum (nome que recibe a masa de auga comprendida entre fisterra e corcubión) fose o protagonista principal do meu deseño.


a postal está formada por dous elementos bordados a man en tecido e posteriormente montados dixitalmente. o deseño é moi simple e presenta tres elementos característicos da zona: o cormorán (ou corvomariño), o mar e un pequeno peixe entre as ondas.

fisterrapostaisbordadas

agradecemento especial a JUAN PLABLO VENDITTI. SEN OS SEUS CONSELLOS E AXUDA É PROBABLE QUE ESTAS POSTAIS NON SAÍRAN Á LUZ. 

ioblog

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

logoiodefioapavio3

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies