retratoio2

io

curso de serigrafía e bordado en Do Paraná

cursodeserigrafíaebordado

aprende paso a paso o proceso destas dúas téc­nicas artesanais, estampando e bordando un deseño orixinal, nunha bolsa de algodón orgánico. Un curso único, onde terás a oportunidade de mergullarte nos procesos básicos destas técnicas tradicionais téxtiles e que non precisa coñecementos previos. 

en azul, o deseño de espigas que imos serigrafiar e en negro o motivo floral que imos bordar

Este curso intensivo de iniciación á serigrafía téxtil e ao bordado non precisa de coñecementos previos e está dividido en dúas partes:

Na primeira mostrarémoste todo o proceso de serigrafía, dende a realización do fotolito autógrafo, ata o emulsionado, insolado e revelado da pantalla por onde pasará a tinta. coñecerás as tintas á auga (non tóxicas) e estamparás o deseño nun bolsa de tecido. 

Contidos Serigrafía:

1ª hora 

Introdución: Que é a Serigrafía? Que se pode crear con esta técnica? Nocións de Serigrafía como Arte gráfica de aplicación artística. Exemplo de artistas emblemáticas. Sobre que materiais podemos plasmar os nosos deseños? Papel, cartolinas, teas de algodón…

2ª a 4ª hora: Como empezar? Como se obtén una pantalla por onde pasará a tinta dos debuxos ou composicións?

Orixinal: Que é un fotolito? Como se fai? Coñecer diferentes modos de concibir un orixinal. Fotolitos autógrafos sobre filme ou poliéster: debuxar con rotuladores fotográficos, acrílicos e/ou tinta chinesa, pintar, pegar, calcar, recortar cartolinas e/ou vinilos autoadhesivos. Optimizar arquivos dixitais para filmar ou imprimir, para a súa posterior insolación e estampa.

Pantallas: Cal elixir? En que se diferencian? Base e montaxe. Teas, cantidade de fíos e aplicacións. A tensión manual. Noción dos principios de tensado pneumático.

Clisado – Revelado de nosa matriz. Fundamentos. Material e equipamento básico, cuarto escuro. Emulsións fotosensibles. Materiais de insolación, nocións do principio de baleiro. Determinación experimental dos tempos de exposición.

Impresión e secado: Como se estampa? Estamparía Téxtil e papel. Uso de tintas con base acuosa, non tóxicas. Secado, suavizado e fixado da cor. Problemas habituais das tiraxes. Marxinación e topes para a localización (rexistro).

Recuperación dunha pantalla para o seguinte traballo.

 

Na segunda, co deseño xa impreso, aprenderás que materiais usar para bordar, como calcar o debuxo no tecido, traballarás con bastidor e exploremos diferentes puntos cos que conseguir texturas e efectos variados cun deseño floral.

– Presentación dos materiais máis comúns en bordado, que preciso para bordar? e preparación do material antes de bordar: Bastidor, agulla, fío, papel de calco, lapis e tesoiras.

– Teoría sobre os puntos cos que imos traballar: punto festón, cadea e rosa.

– Proceso de bordado, como sobrevivir se nos surxe unha complicación?

Tempo total : 45 min.  aprox.

– Práctica: bordando na bolsa.

Tempo total: 3 horas. aprox.

– Coidados post-bordado. Consellos sobre lavado e coidado das prendas bordadas.

Tempo total: 15 min.  aprox

sábado 15 de decembro.
de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. 
duración: 8 horas.
nivel: iniciación/ cero patatero.
prezo: 110€. 

materiais incluídos no curso. 

imparte: Do Paraná Espazo serigráfico e io, obradoiro téxtil. 

+ info pinchando aquí.

ioblog
logoiodefioapavio3

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies