EN / ES

retratoio2

io

titorial para remendar e bordar unha prenda de roupa

unha das cousas que máis valoro do téxtil é a capacidade que ten de adaptación. por exemplo, podemos desfacer un xersei do que non gustemos e voltalo tecer para lle dar un novo ar. co bordado pasa igual, ou mesmo con máis: os puntos de remendo adoitan utilizarse para prolongar a vida das nosas roupas. cunhas simples puntadas podemos seguir usando ese par de calcetíns que tanto adoramos ou ese casaco que ten un baixo descosido… sen dúbida, as posibilidades que ofrece o bordado para tornar inmortal unha peza de roupa son ilimitadas e iso, nestes nosos tempos, é unha premisa que debemos interiorizar e pór en práctica. non podemos esquecer que a industria da moda, aquela que alenta o consumo de roupa de usar e tirar, a denominada “moda rápida”, é a segunda industria máis contaminante do planeta.

camisabordadafollasamarelas2

por mor disto (e quizáis tamén polo meu pasado grunge), decidín remendar unha das miñas camisas favoritas e partillar convosco os pasos, desde o remendo até o bordado, a fin de vos animar a valorizardes esas roupas destinadas ao lixo aquelándoas vós mesmas para lles dar así unha segunda oportunidade.

remendodetalle3

para saberdes máis sobre a moda rápida e os seus efectos negativos no noso planeta, aconséllovos ler o artigo da revista Pikara. 

O titorial podedes descargalo aquí. inclúe o diagrama para bordar o motivo e máis os puntos de bordado explicados. 

ioblog
logoiodefioapavio3

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies