EN / ES

retratoio2

io

mulleres, fío e arte

a figura femenina representada na arte realizando actividades téxtis

rapazas nobelando e facendo croché

harold harvey (1874-1941) -

harold harvey é un pintor inglés que retratou sobre todo a vida cotiá da clase obreira na cornualla. 

neste óleo móstranos a dúas rapazas moi novas, unha dela suxeitando con ambas mans unha madeixa de la mentres a outra, de costas, sustenta o outro cabo do fío, non ficando claro se é que está facendo da madeixa un nobelo ou está a tecendo (polo xeito da man, diría que pode tratarse dunha labor de croché). as “labores femeninas” eran unha actividade na que se iniciaba ás mulleres dende moi cativas, facendo parte delas durante toda a súa vida. desta maneira lexitimábase e fortalecéuse na sociedade a idea que prevalace ata o día de hoxe de que as actividades textis femeninas son un pasatempo productivo coa finalidade única de fornecer o fogar e natural ao xénero femenino, xa que a desenvolven tódalas mulleres indistintamente da súa idade ou razón social. 

retrato de lucy aldridge

john aldridge (1950 aprox.) - fry art gallery

john aldrigde é un pintor inglés que foi parte da comunidade de artistas de Great Bardfield. neste óleo aparece a súa muller, Lucie tricotando mentres un gato durme no seu colo. 

na pintura o foco está dirixido no gato e nas mans da muller. os gatos están vencellados, na tradición cristiana, cun animal femenino, en canto, son animais do ámbito familiar mais de natureza sospeitosa. tamén segundo esta visión misóxina e patriarcal da muller, ésta é o xerme do mal orixinal e debe manterse ocupada para distraerse dos malos pensamentos . é curioso así  que a maioría dos retratos femeninos, exceptuando os máis modernos que intentan escapar deste tópico, atopemos ás mulleres atarefadas nalgunha actividade. non ocorrendo o mesmo, nos retratos masculinos, nos que a inactividade non evidencia deixadez nin cavilacións perversas. 

a muller do pescador que tricota

Henri Guinier (1867-1927) - museo de faouet

guinier é un pintor francés que sentíu predilección pola técnica dos pasteis e en recrear paisaxes costumbristas e sobretodo retratar mulleres. 

neste cadro, en primeiro plano, aparece unha muller tricotando, ten a mirada ausente, mais continúa co labor entre as mans. atópase nun porto, e ao non ser un espazo habitual para mulleres, podemos supoñer que foi despedir ao seu marido embarcado. ela fica en terra, adicada en exclusiva ás labores da casa. o tricó é unha actividade habitualmente realizada na casa, mais co pequeno tamaño das agullas e dos nobelos, permite facilmente tricotar no exterior. ademáis é tamén unha actividade que permite certa automatización o que posibilita ás tecedoras perderse nos seus propios pensamentos mentres a labor segue a medrar. 

estela funeraria dunha muller e os seus dous fillos

periodo bizantino, Palmira, siria .150 E.C. - museo de harvard

estela funeraria na que unha muller, ba´altega, aparece retratada cos seus dous fillos. ela aparece ataviada con tódalas súas xoias, coa man dereita recolle o veu e coa esquerda suxeita un fuso e unha roca. símbolo do seu posibel oficio e en xeral das matronas da época romana. esta actividade realizábana tódalas mulleres, alén da súa condición social, facendo profesión dela as de estrato social máis baixo.

trátase dun dos exemplos máis antigos no que o proceso de fiado aparece retratado, e vinculado en exclusiva como unha actividade femenina. as mulleres romanas debían saber fiar e tecer prendas para encaixar así no tópico femenino da sociedade romana. 

constancia

Li Zijian (1954- )

pintura hiper realista do artista Li zijian na que aparece unha vella chinesa intentando enfiar unha agulla, probablemente para remendar algunha prenda de roupa. 

as composicións deste artista chinés resaltan polo seu estilo hiper realista en contraposición á sinxeleza  das escenas, nas que retrata a vida no hunan, provincia da china onde naceu.  trátase dunha vida rural onde a vida segue transcorrer ligada a natureza e as costumes tradicionais. 

da composición resaltan, nun primeiro plano, as mans da muller, enrugadas pola idade  e o traballo e tamén ríxidas, probablemente pola artrose, que aínda así sustentan o fío e a agulla.  nun segundo plano, a mirada, concentrada en enfiar á agulla, a pesar da idade e da máis que probable perda de visión. o cadro ten o título de “tenacity” que penso que é unha palabra que está moi ligada ao papel das mulleres na sociedade patriarcal, na  que ata case o final, intentan seguir sendo funcionais a través da súa constancia e capacidade de sacraficio. 

 

manuscrito sobre os cantos réxios á concepción da coronación dos Puys de Rouen

Étienne Colaud , 1537. biblioteca nacional francesa, paris.

Detalle dunha miniatura francesa na que aparecen representadas tres mulleres. De pé, aparece unha monxa fiando a la e sentadas a ambolos lados, dúas mulleres cardandoa. 

Durante o s. XIII existe na Europa un monopolio femenino dos oficios téxtis e de confección, mais ao longo dos séculos posteriores, os homes foron apartando ás mulleres dos ámbitos laboráis (remunerados) para seren eles en exclusiva os que acaparasen as posición de poder.  

Aínda así, a relación da muller, sen distinción de clases sociais, co mundo téxtil continúa tendo vixencia , xa sexa como parte do traballo doméstico ou do profesional.

madame de pompadour

François Hubert Drouais , 1753-64. National Gallery, London.

retrato de jeanne-antoinette poisson, marquesa de pompadour, coñecida como madame de pompadour. muller dunha grande intelixencia e sensibilidade que promoveu a arte e a cultura durante o reinado de luís xv.

nesta pintura aparece bordando. mesmo se o bordado tamén é unha actividade frecuente nas clases altas femeninas, é habitual que fique relegado ao ámbito domestico.  neste caso, a marquesa de pompadour, que xa é vella, escolle esta temática porque desexa ser retratada como unha muller habilidosa e virtuosa e non como cortesá e amante do rei.  a pesar disto, o seu ollar non está no labor, mais en nós: a marquesa fítanos con ollos cheos de curiosidade e atención.

os avós

fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, 1905. museo del prado

o artista galego retrata unha parella de avós segovianos. el aparece ergueito e estático, co corpo -mans incluídas- coberto coa capa tradicional. ela, en contraposición, aparece sentada e tecendo con catro agullas (posibelmente o calcañar dunha media). é o retrato dunha realidade, ainda vixente, en que as mulleres, ao remataren os seus labores, dedicábanse a tecer pezas para a familia. isto era e é percebido como unha actividade para pasar o tempo a pesar de ser, na realidade, una continuación da xornada laboral.

tecendo a seda

Kitagawa Utamaro I, Japanese, 1753 - 1806. Philadelphia museum of arts

ilustración xaponesa correspondente ao periodo edo.

trátase dunha imaxe dun libro dedicado á seda e ao traballo femenino manual. aparecen dúas mulleres tecendo nun telar e outra que observa a escena. 

raiola na habitación azul

anne ancher. 1891. skagen museum

esta pintura é obra da pintora dinamarquesa anne ancher. ⁠
na pintura, vemos a filla de anne, helga, facendo croché no cuarto da súa avoa mentres o sol entra pola xanela. helga dá as costas às observadoras, o que nos permite contemplar a escena sen a nena se decatar e facermos parte, así, da súa intimidade.⁠

anne ancher estampa nas súas pinturas a vida cotiá dos seus familiares e amigos, principalmente mulleres, co seu ollar delicado e intimista a través de cores e pinceladas fortes e seguras.⁠

a virxe que fai punto

bertram von minden. (1335- 1415) hamburguer kunsthalle

trátase do detalle dun políptico de bertram von minden (1335-1415). ⁠⠀
aparece a virxe maría tricotando en circular a túnica para o seu fillo. trátase dun tópico italiano no que a virxe aparece tecendo a túnica “inconsútile” e é unha das imaxes máis antigas da que se ten coñecemento, dunha muller tricotando.

”peza sen costuras, tecida sen interrupcións de arriba cara abaixo” ~ evanxelio de Xoan. ⁠⠀

ioblog
logoiodefioapavio3

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies