EN / ES

etiquetas bordadas,
o deseño de produtos como arte

a beleza e a maxia agóchanse nas cousas máis pequenas e ordinarias. é por iso que os produtos de uso cotián son susceptíbeis de se tornar en arte. na actualidade, o deseño de produtos está a redefinir os límites entre deseño e arte; non procura só chamar a atención da consumidora, senón tamén cautivar e crear beleza por si propio.

por outra parte, o mar e a auga son fonte de atracción e admiración dentro da cultura galega, por mor disto é que escollín reproducir en bordado as etiquetas desta icónica marca de auga.

wip6

a reinterpretación é mostra da capacidade creativa do ser humano para ampliar e xerar novos contidos a partir dos vellos. as múltiplas propostas que poden xurdir dunha idea ou obxecto concretos son tamén un canal para xerar novas experiencias e emocións no público de sempre.

wip5

a etiqueta dianteira, bordada en organza, tamén está realizada no mesmo punto. ademais, este tecido permite imitar a transparencia da etiqueta orixinal.

a etiqueta traseira está realizada na técnica de punto matiz, con puntadas intercaladas como se fosen pinceladas.

etiqueta bordada botella de auga
etiqueta bordada botella de auga 4
detalle1
logoiodefioapavio3

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies