EN / ES

bolsa e mochila feminista
mulier sapiens sapiens

bolsaenteira

hai 2 anos fixen unha pequena campaña feminista centrada no slogan “mulier sapiens sapiens” como intento de reformular a base da linguaxe e do pensamento a través da recategorización da nosa especie. mediante o uso do termo “mulier” (“muller” en latín), o slogan pretendía tornar visíbel o feito de as mulleres tamén faceren parte da especie, en contraposición do termo excluínte “homo sapiens sapiens”, e así axudar a significarnos e empoderarnos a través dun dos termos máis básicos que nos define como persoas.

agora decidín retomar a idea e facer unha tirada súper limitada de bolsas e mochilas de algodón cor crúa e serigrafadas artesanalmente con tintas de calidade e resistentes ao lavado por Do Paraná Espazo Serigráfico.

ademais, cada exemplar vai acompañado dun certificado asinado.

e ti, es máis de bolsa ou de mochila?

hace 2 años hice una pequeña campaña feminista centrada en el slogan “mulier sapiens sapiens” como intento de reformular la base del lenguaje y del pensamiento a través de la recategorización de nuestra especie. mediante el uso del término“mulier” (“mujer” en latín), el slogan pretendía hacer visible el hecho de que las mujeres también forman parte de la especie, en contraposición al término excluyente “homo sapiens sapiens”, y así ayudar a significarnos y empoderarnos a través de uno de los términos más básicos que nos define como personas

ahora he  decidido retomar la idea y hacer una tirada limitada de bolsas y mochilas de algodón color natural y serigrafadas artesanalmente con tintas ecológicas y resistentes al lavado por Do Paraná Espazo Serigráfico.

además, cada ejemplar va acompañado de un certificado firmado. 

y tú, eres más de bolsa o de mochila?

mulier sapiens sapiens mochila
muliersapiensapiensediciónlimitada
logoiodefioapavio3

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies