EN / ES

postais " 8 de marzo"

día internacional da muller

postais para conmemorar o “8 de marzo”, día internacional da muller. a ilustración da postal é un bordado onde o número 8 simboliza as reivindicacións do movemento feminista, o cal nos une e ten raíces fortes e longas como as dunha árbore. ademais, unha man aproveita para facer o aceno da victoria ou facer o “v”. a interpretación xa é cousa das receptoras…

as postais son ultra versáteis e valen tanto para enmarcar e pendurar na parede como para enviar ás persoas queridas ou mesmo enfastiar alguén petándolle de feminismo a caixa de correo.

se fordes máis da opción epistolar, aquí tendes algunhas frases para vos inspiraren 😊!

podedes adquirilas aquí.

"future is female"

lema

“o feminismo é a idea radical que afirma que as mulleres somos persoas”

angela davis

“tiñamos dúas opcións: ficar caladas e morrer ou falar e morrer; decidimos falar”

malala yousafzai

“durante a meirande parte da historia, Anónimo foi unha muller”

fondo de pantalla "8 de marzo"

para descargar pincha na imaxe

logoiodefioapavio3

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies