premio para Implicadas no Desenvolvemento 2018

premio para implicadas

fixen esta escultura téxtil a croché como premio para o festival Implicadas no Desenvolvemento 2018. é unha revisión da miña peza planeta rosebud e ambas as dúas buscan ser una reivindicación formal da simboloxía do feminismo. as flores están feitas a man e logo pegadas nunha base esférica de maceira como se fose un bouquet floral. as dúas tonalidades de morado, cor representativa do feminismo, combínanse para dar sensación de movemento.

Implicadas no Desenvolvemento é unha ONGD galega, crítica e feminista, que basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como alicerce para un desenvolvemento humano perdurábel. todos os anos realízase unha gala onde diferentes artistas colaboran desinteresadamente e na cal premian algunha persoa comprometida coa organización e os seus valores. nesta ocasión, a persoa galardoada vai recibir esta miña peza. os dous anos anteriores fixera un retrato para cada galardoado, mais este ano decidín facer unha peza exclusiva e unificada que represente a partir de agora o premio de Implicadas no Desenvolvemento.

logoiodefioapavio3

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies