ola!

retrato

o meu nome é  io, son artista e deseñadora téxtil e vivo en santiago de compostela.  “io, de fio a pavio – slow textile” é o meu proxecto persoal. estudei escultura na escola mestre mateo. ao pouco de acabar, descubrín o arte téxtil e fiquei namorada das posibilidades que técnicas tan comúns como o tricó e o croché podían ofrecer ás artes plásticas. por causa da miña paixón polo feito a man e o cotián acabei por me profesionalizar nestas ramas do téxtil. ademais, dende fai un ano engadín o bordado ao meu “saquiño de obsesións”.

a xente defíneme como unha persoa creativa, sincera e divertida; eu engadiría tamén que son bastante despistada e teimuda. teño unha cadela chamada gaia e un gato chamado gatsby catilina. desfruto de case calquera actividade ao aire libre. son ciclista convencida. pink floyd é a miña banda de música favorita. fargo é unha desas películas que podería ver tropocentas veces e de libros favoritos (para xs que gostamos dos libros é imposíbel facernos escoller só un) diría que a saga/fuga de j.b. de torrente ballester e as mil e unha noites.

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia na web. Se continuares a navegar, estarás consentindo o seu uso, mais podes desactivalas cando quixeres. política de cookiesplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies