EN / ES

“non teñas na túa casa nada que non penses que é útil ou fermoso”

william morris 

moda e deseño téxtil feito a man

producción sustentabel e limitada con materias de calidade

io é un obradoiro baseado no slow textile que recolle unha filosofía de traballo que quere rescatar o feito con calma a man e con materiais de calidade. 

ademais, é unha proposta persoal que procura mostrar a beleza e o valor dos obxectos e das técnicas cotiáns e artesanais.

bordado

moda e deseño téxtil feito a man na galiza

ola!

o meu nome é io morales sánchez, son artista e deseñadora textil e vivo en santiago de compostela. estudiei artes aplicadas á escultura, ao pouco de acabar, descubrín o arte téxtil e fiquei namorada das posibilidades que técnicas tan comúns como o tricó e o croché podían ofrecer ás artes plásticas. por causa da miña paixón polo feito a man e o cotián acabei por me profesionalizar nestas ramas do téxtil.

a xente que me coñece defíneme como unha persoa creativa, sincera e divertida; eu engadiría tamén que son bastante despistada e teimuda. teño unha cadela chamada gaia e un gato chamado gatsby catilina. aos que adoro. gosto de pasar tempo na natureza, encántame camiñar e ir en bici, se o tempo picheleiro o permite.