as postais sobre fisterra son o meu primeiro traballo que combina bordado, medios dixitais e impresión. esta mistura era para min un grande enigma. a miña experiencia no mundo do deseño gráfico era limitada, mais tiña a impresión de que o bordado ía casar ben como ilustración. non coñezo moitos precedentes de composición dixital en bordado; en xeral, o uso que tradicionalmente se dá ao bordado está restrinxido ao tecido como soporte.
unhas das cousas que quixen mostrar a través do meu traballo foi que tanto o croché como o tricó teñen unha utilidade e valor alén do mundo das labores, quer no campo do deseño de produto, quer no da moda ou no da escultura. así, explorei a expresión artística bidimensional a través destas dúas disciplinas, mais a creación de imaxes definidas e complexas tornóuse un fracaso (sobretodo pola minuciosidade e tempo requerido na súa elaboración). Isto mudou cando aprendín a bordar. esta técnica permite crear imaxes cunha liberdade absoluta de forma, tamaño e estilo. os tempos de producción son moito máis breves comparado coas outras dúas disciplinas e, ademáis, o punto matiz en concreto permite imitar o detallismo da pintura, xa que cada punto semella unha pincelada.