Este curso intensivo de iniciación á serigrafía téxtil e ao bordado non precisa de coñecementos previos e está dividido en dúas partes:
Na primeira mostrarémoste todo o proceso de serigrafía, dende a realización do fotolito autógrafo, ata o emulsionado, insolado e revelado da pantalla por onde pasará a tinta. coñecerás as tintas á auga (non tóxicas) e estamparás o deseño nun bolsa de tecido.
Contidos Serigrafía:
1ª hora
Introdución: Que é a Serigrafía? Que se pode crear con esta técnica? Nocións de Serigrafía como Arte gráfica de aplicación artística. Exemplo de artistas emblemáticas. Sobre que materiais podemos plasmar os nosos deseños? Papel, cartolinas, teas de algodón…
2ª a 4ª hora: Como empezar? Como se obtén una pantalla por onde pasará a tinta dos debuxos ou composicións?
Orixinal: Que é un fotolito? Como se fai? Coñecer diferentes modos de concibir un orixinal. Fotolitos autógrafos sobre filme ou poliéster: debuxar con rotuladores fotográficos, acrílicos e/ou tinta chinesa, pintar, pegar, calcar, recortar cartolinas e/ou vinilos autoadhesivos. Optimizar arquivos dixitais para filmar ou imprimir, para a súa posterior insolación e estampa.
Pantallas: Cal elixir? En que se diferencian? Base e montaxe. Teas, cantidade de fíos e aplicacións. A tensión manual. Noción dos principios de tensado pneumático.
Clisado – Revelado de nosa matriz. Fundamentos. Material e equipamento básico, cuarto escuro. Emulsións fotosensibles. Materiais de insolación, nocións do principio de baleiro. Determinación experimental dos tempos de exposición.
Impresión e secado: Como se estampa? Estamparía Téxtil e papel. Uso de tintas con base acuosa, non tóxicas. Secado, suavizado e fixado da cor. Problemas habituais das tiraxes. Marxinación e topes para a localización (rexistro).
Recuperación dunha pantalla para o seguinte traballo.