pintura hiper realista do artista Li zijian na que aparece unha vella chinesa intentando enfiar unha agulla, probablemente para remendar algunha prenda de roupa.
as composicións deste artista chinés resaltan polo seu estilo hiper realista en contraposición á sinxeleza das escenas, nas que retrata a vida no hunan, provincia da china onde naceu. trátase dunha vida rural onde a vida segue transcorrer ligada a natureza e as costumes tradicionais.
da composición resaltan, nun primeiro plano, as mans da muller, enrugadas pola idade e o traballo e tamén ríxidas, probablemente pola artrose, que aínda así sustentan o fío e a agulla. nun segundo plano, a mirada, concentrada en enfiar á agulla, a pesar da idade e da máis que probable perda de visión. o cadro ten o título de “tenacity” que penso que é unha palabra que está moi ligada ao papel das mulleres na sociedade patriarcal, na que ata case o final, intentan seguir sendo funcionais a través da súa constancia e capacidade de sacraficio.