EN / ES

retratoio2

io

titorial de bordado "xersei confitado"

este deseño nace durante o tempo de cuarentena. un titorial sinxelo co que iniciarse no mundo do bordado e co que pasar unha tarde divertida. apto tanto para adultas e crianzas. trátase dun titorial que impartirei en directo o día 4 de xuño a través de instagram de 18.00 a 20.00 horas. 

  • data: 4 de xuño de 2020.
  • duración: 2 horas. 
  • plataforma: instagram igtv
xerseiconfitado

material que precisades para o día do directo: 

  • bastidor de 10cm ou superior. 
  • anaco de liño ou outro tecido de 13x13cm ou superior, acorde co tamaño do bastidor. 
  • tesoiras.
  • agulla para bordar co ollo grande. 
  • fío de bordar, eu usei o fío mouliné de DMC. as cores: 434, 844, 3726 e o ecru ( mais vale calquer fío ou cor que teñades pola casa). 
  • diagrama de bordado, podedes descargalo aquí. 
  • debuxo transferido no tecido. podedes usar papel de calco ou transfer. 
xerseiconfitadodetalle
ioblog

partilla este artigo