a beleza e a maxia agóchanse nas cousas máis pequenas e ordinarias. é por iso que os produtos de uso cotián son susceptíbeis de se tornar en arte. na actualidade, o deseño de produtos está a redefinir os límites entre deseño e arte; non procura só chamar a atención da consumidora, senón tamén cautivar e crear beleza por si propio.
por outra parte, o mar e a auga son fonte de atracción e admiración dentro da cultura galega, por mor disto é que escollín reproducir en bordado as etiquetas desta icónica marca de auga.